Fondo cabecera 11

Emprego e Desenvolvemento local

As funcións a desempeñar, son a título meramente enunciativo e entre outras, as seguintes:

1. Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.

2. Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.

3. Acompañamiento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financieira e, en xeral, sobre os plans de lanzamentos de empresas.

4. Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionanemto mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos axeitados para contribuír á boa marcha das empresas creadas.

5. Calquera outra que axude á implantación das políticas activas de emprego no Concello de Becerreá.

6. Asesoramento e acompañamento nos procesos de planificación relacionados co desenvolvemento terrritorial ou urbanístico con incidencia no desenvolvemento económico do Concello de Becerreá

7. Información integral ós interesados na posta en marcha de calquera proxecto empresarial dende a perspectiva dos trámites de constitución, licencias e autorizacións que precisen tramitar, aspectos tributarios, financieiros, laborais, xestión de axudas e subvencións.

Contacto:

Casa do Concello de Becerreá.

Praza do Concello s/n.

27640-Becerreá (Lugo).

Teléfono: 982 360 004

Fax: 982 360 518

Correo electrónico:

emprego.desenvolvementolocal@concellodebecerrea.com

concellodebecerrea@telefonica.net

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net