Fondo cabecera 11

Festexos e feiras

As Feiras en Becerreá celébranse todolos días 3 e 19 de cada mes, unha descripción resumo sería a seguinte:

Trátase dunha feira-mercado de gando que ten lugar nas instalacións do Recinto Feiral do Mercado Gandeiro. E dun Mercadillo con postos para a venda de diferentes produtos (aperos de labranza xéneros, alimentación e artesanía), en distintos puntos da Vila.

As Festas serven tanto para o encontro coas tradicións como para o reclamo de visitantes, de xeito que o pobo convértese durante a celebración dos eventos lúdicos nun espazo que proxecta a súa imaxe máis gozosa cara o exterior. O longo do ano celebranse, no municipio, as festas que de seguido se relacionan:

San Antonio en Eixibrón: 13 de xuño

San Xoán de Becerreá: 23 e 24 de xuño

Festa da Virxe do Carme en Fontarón: 13 de xullo

Festa de Santiago en Nantín: 25 de xullo

Romaría Popular na Pena do Pico: Agosto (data sen determinar)

Festa Popular en Restelo: Agosto (data sen determinar)

Festa da Virxe das Dores en Fonte do Lobo: Agosto (data sen determinar)

Festa Popular en Cruzul: 13 de agosto

Festa de Nosa Señora en Ferreirós de Valboa: 15 de agosto

Festa da Nosa Señora en Cascallá: 15 de agosto

Festa da Becerra e do Turista en Becerreá: 16 de agosto

Festa da Virxe dos Remedios: 10 de setembro

Festa do Santo Ecce Homo: 13 e 14 de setembro

Contidos relacionados

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net