Fondo cabecera 11

Demografía

Poboación

O Concello de Becerreá ten unha superficie de 172,1 Km2, para unha poboación total de 3.334 habitantes, distribuída territorialmente nas seguintes entidades de poboación:

ENTIDADES DE POBLACIÓN 2005

Entidades colectivas (Parroquia): 26
Entidades singulares: 115
Núcleos de poboación: 26
Diseminados: 89

En 8 anos a densidade de poboación reduciuse en 2,7 puntos.

A densidade media de poboación en Galicia é de 93,6 habitantes / km2.

A poboación do Concello está básicamente concentrada na capitalidade municipal, Becerreá, que conta cuha superficie territorial de 3,1 km2 para un total de poboación de: 1.486 habitantes, dos que 733 son homes e 753 mulleres, resultando unha densidade demográfica moi elevada, 479,35 xa que concentra arredor do 44,57% da poboación total do concello. Nembargantes a densidade de poboamento por entidade é de 0,65 habitantes / Km2, moi por debaixo da mesma media provincial 1,013 habitantes / Km2.

As diferenzas nas cifras entre as franxas de poboación de 0-15 anos: 252, e de 65 e máis anos: 1.133 fai que non se produza relevo xeracional, e que a tendencia a que a poboación aumente no futuro sexa baixa xa que a taxa de reemprazo é de: 0,32. Ademáis a edade media incrementouse nos últimos 8 anos en 5.5 puntos, e no caso das mulleres en 6.2. (A edade media en Galicia é de 43,8 e en Lugo: 47,6).

Nos últimos 8 anos produciuse unha perda de poboación continua pero moderada reducíndose en 462 o número de habitantes.

As Principais conclusións que se poden extraer da análise dos Indicadores de Poboación serían:

1. Indice de masculinidade (Indica a relación entre o número de homes e o número de mulleres). Para o Concello de Becerreá no 2006 ((1684 / 1650) x 100): 102,06. (A constante poboacional di que por cada 100 nacidas mulleres hai 105 nacidos homes)
2. A poboación menor de 20 anos reduciuse un 6.9% (esto é 240 habitantes menos nesa franxa de edade) nos últimos 8 anos.
3. A poboación entre 20 e 64 anos incrementouse en case un punto nos últimos anos, e representa máis da metade da poboación, o 54,3%, en edade de traballar.
4. A poboación de 65 e máis anos, nos últimos 8 anos reduciuse aínda que non moi significativamente (1.163 no ano 1998 e 1.133 no 2006), consecuencia da perda natural de poboación. Pero é preciso destacar o incremento en 6 puntos na súa porcentaxe de poboación sobre o total. Esto significa que hai unha perda gradual de poboación e que cada vez está máis envellecida. Corroborado cos seguintes índices:
a. Índice de envellecemento (Relación entre a Poboación maior de 64 e a menor de 20 anos): No Concello de Becerreá no 2006 é de 308,7. Incrementouse en 117,2 nos últimos 8 anos. Debido principalmente o descenso da poboación de menos de 20 anos. (En Galicia ¿ 2006: 133,5).
b. Índice de sobrenvellecemento (Relación entre Poboación maior de 84 e a maior de 64 anos): Incrementouse en 4.8, dende o 1998 onde o valor era: 12,9 ata o 2006 onde é de 17,7.
c. Índice de dependencia global (Relación entre a poboación económicamente dependente (menor de 20 e maior de 64 anos) e a poboación potencialmente activa (entre 20 e 64 anos): É de 84,2 o valor máis baixo dende 1998 consecuencia do incremento na franxa de edade de poboación activa e a reducción na de menores de 20 anos.
d. Índice de dependencia xuvenil (Relación entre a poboación menor de 20 anos e a poboación potencialmente activa, entre 20 e 64 anos): Reduciuse nun 13.2 nos últimos 8 anos, consecuencia do descenso de poboación na franxa de edade menores de 20 anos.
e. Índice de dependencia senil (Relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación potencialmente activa entre 20 e 64 anos): Incrementouse en 10 puntos nos últimos 8 anos. Derivado do ascenso no número de habitantes maiores de 65 anos, sendo no 2006 de 1.133 sobre un total de poboación de 3.334.

As principias conclusións que se poden extraer do apartado Movemento Natural da Poboación, serían:

1. A baixa taxa bruta de natalidade: 3.5, en Galicia no 2006 estaría no: 7,6.

2. A taxa bruta de mortalidade en 14,2, superior á taxa bruta de mortalidade de Galicia ¿ 2006: 10,5.

SOCIOECONOMÍA

A base productiva do Concello de Becerreá atópase no sector primario, ocupando ao 80 % da poboación activa. Agricultura e gandeiría están íntimamente integradas. A superficie cultivada representa o 7'76 % da superficie total, ocupando o resto o policultivo de montaña. Prados e pastos supoñen o 11 % fronte ao espazo forestal que ocupa o 77 %. Polo que se refire ás explotacións agrícolas, conviven o policultivo de autoconsumo e o cultivo do cereal. A cabana gandeira intensificouse, destacando a cabana bovina con 3.753 cabezas, destinándose o 50 % á producción da cuota láctea. O tamaño destas explotacións é reducido, de carácter familiar, cunha media inferior ás 10 cabezas por unidade de explotación. Os subsectores porcino, ovino e equino teñen menor presenza. A explotación forestal está magníficamente representada nos poblados bosques de carballos, castiñeiros, pinos, e bidueiros. En canto ao sector secundario, depende principalmente do sector agropecuario, como é a explotación da riqueza forestal. O sector servizos, en crecemento, tenta centrar a súa oferta no turismo rural. O comercio é ao por menor, de estructura familiar e ten a capital municipal como principal foco de actividades e de servizos.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net