A xestión pública do urbanismo está obrigada a dar conta á sociedade dos seus progresos. A nosa materia prima é o municipio, propiedade material e espiritual de todos os veciños que nel habitamos. Desde esa filosofía, pomos en mans do cidadán este espazo de comunicación, onde se pretende informar con transparencia sobre a xestión urbanística do goberno local.
Internet converteuse en poucos anos nun medio de comunicación fundamental para o cidadán. O mellor xeito de estar informados é ter acceso directo aos documentos técnicos para que cada cal se faga unha idea precisa das decisións que se adoptan e das súas motivacións. Por iso, a intención do Concello é incorporar canto antes a documentación urbanística municipal neste espazo web. No entanto, recordamos tamén a todos os cidadáns que os traballadores municipais do departamento de Urbanismo atenderán puntualmente todas as cuestións sobre esta materia.