Fondo cabecera 11

Xulgado

Xulgado

Xulgado de primeira instancia e intrucción nº 1.

Rúa Gómez Giménez, 11 27640 -Becerreá (Lugo)

Teléfono: 982361145 - Fax: 982360265

PARTIDO XUDICIAL: BECERREÁ

Localidades do partido xudicial e poboación correspondente:

Becerreá: 3334

Baralla: 3100

Cervantes: 1914

Nogais, As: 1441

Pedrafita do Cebreiro: 1414

Triacastela: 821

* Os Xulgados de Primeira Instancia coñecerán de:

-Dos xuízos que non veñan atribuídos pola lei a outros xulgados e tribunais.

-Dos actos de xurisdición voluntaria nos termos que prevexan as leis.

-Dos recursos que estableza a lei contra as resolucións dos Xulgados de Paz do partido.

-Das cuestións de competencia en materia civil entre os Xulgados de Paz do partido.

-Das solicitudes de recoñecemento e execución de sentenzas e demais resolucións xudiciais e arbitrais estranxeiras, a non ser que, con arranxo ao acordado nos tratados e outras normas internacionais, corresponda o seu coñecemento a outro xulgado ou tribunal.

Ademais, estarán a cargo do Rexistro Civil, salvo cando deleguen esta última función nos Xulgados de Paz do Partido, e ante eles han de exporse as demandas da orde xurisdiccional civil (relativas a filiación, matrimonio, contratos, arrendamentos, dereitos reais, etc), e coñecen de todas aquelas cuestións cuxa competencia non corresponda a outros Tribunais, podendo falar dunha competencia ''propia'' e outra ''residual''.

* Os Xulgados de Instrución coñecen de:

-A instrución das causas por delito cuxo enjuiciamiento corresponda ás Audiencias Provinciais e aos Xulgados do Penal. Así mesmo, correspóndelles ditar sentenzas denominadas ?de conformidade?, nos xuízos rápidos de que coñezan, no caso de que o acusado confórmese coa pena solicitada pola acusación.

-O coñecemento e fallo dos xuízos de faltas, salvo os de competencia dos Xulgados de Paz.

-Dos procedementos de Habeas Corpus (dereito de todo cidadán, detido ou preso, a comparecer inmediata e publicamente ante un xuíz ou tribunal para que, oíndoo, resolva se o seu arresto foi ou non legal, e se debe alzarse ou manterse).

-Dos recursos que estableza a Lei contra as resolucións ditadas polos Xulgados de Paz do partido en materia penal..

web: http://www.mjusticia.es

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net