Fondo cabecera 11

Transporte por bus

Transporte

TES+BUS

Programa de Transporte Escolar Compartido de Galicia, TES+BUS, proxecto conxunto da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo de promoción do transporte público colectivo nas zonas de carácter rural.

Tratase dunha experiencia piloto de utilización mixta dos servizos de transporte escolar público, de tal xeito que calquera cidadán das zonas onde se implanta poderá utilizar para os seus desprazamentos as rutas destes servizos, que son as seguintes:

* Contrato: 99LU0048 .- Empresa: AUTOCARES AUBESA, S.L. - Ruta: FONTE DO LOBO-FERREIROS-FREIXO-LAMARRIO-HERBON- IES/CEIP BECERREÁ

* Contrato.: 99LU0049 - Empresa: GONZÁLEZ Y DE LA RIVA S.L. - Ruta: Retiro - Lagua - San Pedro - Furco - IES/CEIP BECERREÁ

* Contrato: 99LU0050 - Empresa: GONZÁLEZ Y DE LA RIVA S.L. Ruta: Guillen - Ousón - Cruzul - IES/CEIP BECERREÁ

* Contrato: 99LU0051 - Empresa: GONZÁLEZ Y DE LA RIVA S.L- Ruta: Pando - Veiga - Pedrosa - Oselle - IES/CEIP BECERREÁ

* Contrato: 99LU0053 - Empresa: AUTOCARES FERREIRIN, S.L -Ruta: Río de Arco - Vilarín - Raposeira - IES/CEIP BECERREÁ

* Contrato: 99LU4017 - Empresa: GONZÁLEZ Y DE LA RIVA S.L. Ruta: Viladicente - Torallo - Morcelle - Cela IES/CEIP BECERREÁ

Normas de funcionamento:

-Primarán a utilización do transporte polos escolares, ofrecendo as prazas que queden libres ao resto dos cidadáns.

-O cidadáns aboarán 1 € por cada viaxe que realicen.

- Viaxará unha persoa acompañante e adulta, que será a que regule a orde no autobús.

- Os usuarios poderán subir en calquera das paradas da ruta escolar

- Os usuarios poderán baixar en calquera das paradas da ruta escolar ou ao chegar ao centro educativo

- Non se poderá subir con vultos que, a xuízo da persoa acompañante, poidan entorpecer o paso.

Contidos relacionados

Enlaces Adicionales

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net