Fondo cabecera 11

SENDEIRO QUINTÁ - RÍO DONSAL

Coordenadas:42º 57' 49.6" N - 7º 06' 36.7" W

A lonxitude total da ruta é de 18,2 km, con 5 tramos, con acceso a estrada asfaltada en coche.

Descrición Etnografía / Interese naturalista / paisaxístico

Un bonito percorrido por unha zona de alto valor paisaxístico e natural declarada Reserva da Biosfera, Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá.O sendeiro é accesible para calquera sendeirista, recoméndase percorrelo en dirección norte a sur, xa que a pendente será menor, e preferiblemente nos meses menos calurosos.Comeza no lugar do Couso, segue por unha zona montañosa de mata baixa e condúcenos cara ao val do río Donsal, pasando pola aldea de Quintá. Unha vez no val, podemos desviarnos na derivación para ver a oculta Fonte dos Corzos e a Fraga da Baliña hasta chegar a un fermoso curruncho do río Donsal.Camiñaremos xunto ao río os seguintes quilómetros e comezaremos o ascenso cara ao Lugar de Sevane, neste tramo veremos exemplares de castiñeiros centenarios cuxa madeira retorcida son testemuña da antigüidade destes camiños. Atravesando Sevane, cuxas cerdeiras dan un froito exquisito, volveremos atoparnos co río Donsal na Fervenza de Sevane,unha pequena poza de auga ideal para descansar e realizar o avituallamento antes de emprender o tramo final. Hai neste lugar unha sinxela instalación hidroeléctrica que abasteceu durante moitos anos de luz aos lugares do contorno.Atravesaremos o Lugar de Buisán para iniciar unha longa subida que nos levará ao tramo final, cunha nova panorámica do val que ten o seu apoxeo no espectacular Lugar da Arroxiña.Dende aquí o camiño descende entre castiñeiros centenarios ata a estrada LU-722 onde finaliza o sendeiro.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Ayuntamiento de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net