Fondo cabecera 11

Servizo de recollida do lixo

O Servizo de Recollida de Lixo extendese a todo o municipio, existindo recollida selectiva nas parroquias de Becerreá e Guilfrei.

COLECTOR AMARELO: nel deberás depositar so envases de tres tipos: envases de plástico (por exemplo botellas de refrescos, de auga mineral, de deterxentes, de suavizantes, bolsas de comercios, bandexas de cortiza branca, tarrinas de iogur...), envases metálicos (latas e botes de refrescos, de cervexa, de conservas, bandexas de aluminio, ...) e envases tipo brik (de leite, zumes, sopas..., e doutros alimentos como azucar, legumes...).

IGLÚ VERDE: este colector está destinado só a envases de vidro (botellas de viño, de cava, licores, etc., frascos de perfumes e tarros de vidro para conservas, marmeladas, etc.).

COLECTOR AZUL: deposita aquí os envases de cartón ben encartados (todo tipo de caixas de cartón, por exemplo a dos cereais do almorzo, de galletas, de zapatos, de comidas precocinadas conxeladas, bolsas de papel, etc.) e o papel de envolver, follas, periódicos, revistas, cadernos, etc.

Lembrar relación colector- produto:

  • Colector amarelo: envases, plásticos e latas
  • Colector azul: papel e cartón
  • Iglú verde: vidro
  • Punto limpo: outros produtos

Máis información:

- Sistema de Información de Residuos de Galicia

- Ecoembes

Puntos de recollida de plásticos de silos en:

- Cruce Estrada de Tucende- Bullán.

- Fontarón (Xunto depósito de sal).

- Estrada N-VI punto kilométrico 463,200 (en frente do Restaurante Fonte da Saúde).

- Neira de Rei (San Pedro, o lado da Autovía A6 entrando pola fonte).

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net