Fondo cabecera 11

Punto limpo

Punto limpo

PLAN DE EXPLOTACIÓN DO PUNTO LIMPO

Tarefas e procedementos seguidos no control e recepción dos residuos

Horario de apertura ao público

O Punto Limpo abrirá os luns de 16:00 a 20:00 horas e os sábados, previa cita na Casa Consistorial (Teléfono: 982360004), de 10:00 horas a 13:00 horas. Calquera cambio nestes horarios será acordado polo Alcalde-presidente e comunicado mediante Bandos. Está emprazado no Parque Empresarial.

Residuos admisibles no punto limpo e normas establecidas para a súa diposición e clasificación

No punto limpo admitiranse os seguintes residuos:

1.- Residuos comúns:

a) Papel e cartón.

b) Vidro: Botellas e cristais varios.

c) Envases de plástico, bricks e latas.

d) Restos metálicos de fogares.

e) Electrodomésticos sen CFC.

f) Residuos voluminosos (mobles, colchóns, etc).

g) Cascotes de pequenas obras.

h) Ferralla.

i) Plásticos non agrícolas.

2.- Residuos especiais:

a) Disolventes, pinturas e vernices.

b) Pilas.

c) Fluorescentes.

d) Frigorificos e electrodomésticos AMB CFC.

e) Aceites minerais ou vexetais, usados procedentes de particulares.

Xeitos de presentación dos residuos.- Para a recollida dos residuos anteriormente mencionados, estes deberán entregarse de acordo a unhas normas de presentación, que son:

1.- Papel e cartón.- As caixas de cartón deberanse abrir e comprimir para reduci-lo volume dos residuos. Así mesmo, o papel deberase presentar en bolsas ou caixas cerradas para evita-lo esparexemento.

2.- Vidro, fluorescentes e cristais varios.- Os residuos de cristais deberán acondicionarse de tal xeito que se evite a rotura e poida ocasionar riscos de seguridade para as persoas encargadas da manipulación dos residuos.

3.- Pilas. Deberanse separar os diferentes tipos de pilas, ben sexa de botón, salinas ou alcalinas.

4.- Terras e escombros. Debido a natureza destes residuos, deberanse presentar en sacos ou bolsas de plástico cerrados de 25 quilos máximo.

5.- Aceites vexetais, pinturas ou vernices, presentaranse en garrafas ou botellas de plástico. Tomaranse as medidas necesarias para evitar derrames, sobre todo en caso de transvasamentos. Estes residuos non se poderán mesturar con aceite de maquinaria, motores de vehículos ou de características diferentes.

6.- Plástico vexetal. Presentarase libre de restos orgánicos e debidamente pregado para reduci-lo seu volume.

7.- Poda e restos vexetais. Na medida do posible a lonxitude das ramas non excederá dun metro.

8.- Frigoríficos e electrodomésticos con C.F.C. Entregaranse sen que se produza a rotura do circuíto de refrixeración.

Descrición das instalacións empregadas para o depósito e clasificación dos distintos tipos de materiais, incluído no se caso o relativo o mantemento

As instalacións onde se atopa o Punto Limpo consiste nun recinto cerrado, valado e equipado con contedores para os distintos tipos de residuos. O devandito recinto componse dunha zona de recepción e unha zona de acumulación dos residuos.

A zona de recepción encóntrase xunto á entrada da instalación e nela hai unha pequena caseta para control e información ós usuarios. A través da zona de recepción accedese á zona de acumulación de residuos onde se atopan os diferentes contedores específicos para cada tipo de residuo.

A zona de acumulación dispón de espacio suficiente para realiza-las actividades de descarga dos residuos, podendo manobrar correctamente, tanto os vehículos particulares, como os vehículos recolledores dos residuos.

Os contedores levan un letreiro visible que indica o nome do material que se pode depositar no seu interior.

Para que as instalacións do Punto Limpo esten en boas condicións de hixiene e salubridade pública, o operario debe controlar que o depósito de residuos se realice de xeito correcto, evitando a caída de residuos fora dos contedores e retirando calquera material que dificulte o tránsito dos vehículos e o depósito dos residuos.

Procedementos empregados para a retirada, transporte e destino das distintas categorías de residuos entregados no punto limpo.

Funcionamento e xestión:

1 .- Para que o servizo que se presenta no Punto Limpo sexa o correcto, é necesario que os usuarios aporten os residuos previamente separados e os depositen nos contedores específicos para cada fracción.

2.- Tódalas entregas por parte dos usuarios serán anotadas polo encargado nun Libro de Rexistro para o control interno no que constarán:

- Identificación completa do usuario mediante a exhibición do seu D.N.I.

- Natureza dos residuos.

- Licenzas de obras (no seu caso).

- Licenza de actividade cando os residuos proveñan de establecementos comerciais.

- Acreditación do pago dos impostos e taxas municipais.

3.- Así mesmo, o responsable anotará no Libro de Rexistro os seguintes datos:

- Natureza, destino e data de retirada dos productos evacuados.

- Incidencias e reclamacións.

- Facturación.

- Documentación de transporte.

4.- Tódolos datos quedan, en todo caso, sometidos ás normas xenerais de protección de datos persoais, sen que os mesmos poidan ser utilizados para outros fines que non sexan os propios do servicio.

5.- O usuario accederá á zona de acumulación onde depositará os residuos no seu correspondente contedor.

6.- Antes de que os contedores se atopen cheos de residuos, os operarios do Punto Limpo darán aviso ós xestores ou transportistas designados para a retirada e traslado dos residuos ás diferentes instalacións de reciclaxe ou centros de eliminación, en tanto non existan instalacións para o seu reciclaxe.

7.- As instalacións do Punto Limpo deben permanecer en boas condicións de hixiene e salubridade pública. Para o que, os operarios deben controlar que o depósito de residuos se realice de xeito correcto, evitando a caída de residuos fora dos contedores e retirando calquera material que dificulte o tránsito dos vehículos e o depósito dos residuos.

O punto Limpo estará equipado de acordo ó risco intrínseco da actividade de almacenamento coas instalacións de protección de incendios que corresponda ó tamaño da instalación e segundo as características fixadas na normativa. Deberán adoptarse as medidas necesarias para evitar calquera tipo de accidente e os materiais e equipos deberán cumprir coas prescricións legais.

9.- O encargado do Punto Limpo poderá rexeitar aqueles residuos que cando pola súa natureza o volume non poidan ser admitidos de acordo coa ordenanza.

Información a disposición do usuario sobre o servizo prestado pola instalación.

Dende a súa inauguración a mediados do mes de marzo de 2007 ano fixose unha campaña informativa ós veciños dos elementos admisibles no Punto Limpo.

Na Casa Consistorial e no propio recinto indicanse os residuos que se poden depositar, cumprindo co obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net