Fondo cabecera 11

Servizos Sociais de Atención Primaria

Teléfono de contacto da Traballadora Social: 982 360 304

Os Servicios Sociais no Concello de Becerreá son o conxunto de recursos creados para atender, da maneira máis próxima e áxil, as necesidades de cada cidadán, grupo deles ou de toda unha comunidade. Constitúen o sistema de protección social que se orienta á prestación de atencións e servicios que posibiliten a mellora da calidade de vida e a participación de persoas e grupos, especialmente aqueles que sofren algún tipo de carencia, discriminación ou desatención, así como a prevención, e a eliminación das causas que orixinan estas situacións.

O seu obxectivo é mellorar o benestar de todas as persoas e facilitar a súa participación no contorno social en condicións de igualdade.

DESTINATARIOS :

Toda a poboación de do Municipio de Becerreá.

OBXECTIVOS:

Informar, Orientar e Asesorar.

Analizar a realidade para detectar carencias e necesidades sociais.

Realizar servizos preventivos para toda a poboación.

Dar solucións ante necesidades de tipo individual e colectivo.

Procurar a mellora da autonomía, a integración e a permanencia das persoas no seo familiar.

PROGRAMAS BÁSICOS DE ACCIÓN DESENVOLVIDOS POLOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO:

- Programa de Orientación, Asesoramento e Información.

Ten por obxecto informar á cidadanía sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas especificas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

- Programa de axuda no fogar.

O servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a poboación. Gozan de prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporcionáselles a posibilidade de continuar no seu contorno natural, mentres isto sexa posible e conveniente.

O devandito programa está regulado pola Ordenanza Municipal do Concello de Becerreá de Servizo de Axuda no Fogar.

- Programa de emerxencia social.

Dende os Servizos Sociais detéctanse situacións de urxencia debido fundamentalmente as novas realidades sociais (inmigración, desemprego de larga duración...) que requiren ser abordadas de xeito rápido e eficaz.

Fundamentalmente situacións de escaseza de medios económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou familias. Con este programa preténdese paliar e se é posible, corrixir estes déficits.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net