Fondo cabecera 11

Punto de Información da Muller

Aberto os martes de 12 a 14 horas:

Teléfono de Contacto do Centro Social: 982 360 704.

Teléfono das Mulleres- Gratuíto: 900 400 273.

Web do Servizo Galego de Igualdade:http://sgi.xunta.es/

Este punto ten como funcións principais orientar e informar en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada así o soliciten; así mesmo, proporcionará información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades ós grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.

A información que se poderá solicitar neste punto, entre outra, será:

- Cursos e xornadas

- Recursos para mulleres

- Actividades de sensibilización cidadá.

- Atención específica a mulleres que sofren violencia de xénero.

- Fomento do asociacionismo.

Calquera outra actividade que se adecúe ó obxectivo da consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Por outra banda o Punto de Información ás Mulleres tamén servirá como referente en materia de igualdade dentro do concello.

As funcións que se poderán desenvolver neste eido serán:

- Colaboración cos cadros técnicos e políticos do concello para a creación, desenvolvemento ou posta en marcha de Plans de Igualdade de Oportunidades Municipais (PIOM).

- Difusión das campañas e actividades impulsadas dende a Secretaría Xeral de Igualdade e o ervicio Galego de Igualdade.

- Colaboración naquelas actividades desenvolvidas dende o concello en materia de Igualdade de Oportunidades así como naquelas dirixidas ás mulleres da zona.

PIM: Traballo infinito en función dos Recursos.

Protocolo de actuación e Canles de derivación.

Actuacións: Información Xurídica Gratuíta.

Formación.

Asociacionismo

Análise da realidade -Toma de conciencia- Intervención - Dinamización (Impulsar medidas, Implicación de diferentes axentes) - Información.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net