Fondo cabecera 11

Casa da Cultura

Casa da Cultura

Situación:

Rúa Eulogio Rosón s/n-Becerreá

Descrición

Edificio de dúas plantas anteriormente adicado a centro educativo. Levouse a cabo unha fonda remodelación para convertelo nun moderno centro sociocultural polivalente.

Na planta baixa sitúase o despacho do persoal encargado do funcionamento do centro, os aseos xerais, un pequeno almacén capaz de funcionar como depósito da biblioteca, e un local grande para conferencias, reunións, cursos diversos e audiovisuais.

Na segunda planta sitúanse tres despachos ou talleres, utilizables por asociacións ou comisións culturais vinculadas ao concello, unha sala para pequenas reunións ou seminarios e unha pequena biblioteca.

Neste centro teñen lugar os actos culturais e reunións de diversa índole, que se levan a cabo no concello, o desenvolvemento de cursos de formación que programe o concello así como outras entidades.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net