Fondo cabecera 11

Telecentro de Becerreá

Telecentro

Enderezo:

Rúa de Valgamarín s/n

27640-Becerreá

Ver mapa de situación

EQUIPAMENTO

  • 20 postos informáticos con CPU Core2Duo, lector de DNI electrónico, DVD, Monitor TFT de 17", Headset con micrófono e control de volume Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
  • 40 sillas
  • 1 posto de profesor con CPU Core2Duo, Lector de DNI electrónico, DVD gravador, Monitor TFT de 17", Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
  • 3 sillas de presidencia
  • Impresora láser color
  • Proxector con pantalla de proxección motorizada
  • Pantalla de plasma de 42"
  • Rack Multimedia con:

- Mesa de misturas de audio

- Amplificador

- DVD-RW con TDT

- Videoconferencia

  • Micrófonos de mesa e inalámbricos
  • Altavoces
  • 2 cámaras motorizadas
  • Pantalla táctil para control audiovisual e de luces
  • Aire Acondicionado
  • Rede Wifi

O telecentro de Becerreá forma parte da Rede de Telecentros de Comunicación. A Rede de Telecentros de Comunicación é un servizo público e gratuíto para tódolos cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos Concellos onde se sitúan ditas aulas. O Centro Multimedia de Galicia, unidade do Servizo de Xestión do Centro Superior de Documentación (Subdirección Xeral de Telecomunicacións e Audiovisual), encárgase da xestión da Rede de Telecentros de Comunicación realizando, de forma coordinada, a posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e acercamento da poboación.

Os obxectivos da Rede de Telecentros de Comunicación son os seguintes:

  1. Ser un espazo aberto de comunicación.
  2. Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
  3. Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
  4. Alfabetizar dixitalmente aos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías.
  5. Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.

O Telecentro de comunicación é un espazo duns 100 m2 acondicionado acústicamente que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc.), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, sistemas de control, etc. que permiten realizar diferentes escenarios dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.

Telecentros

Solicitude de reservas

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net