Fondo cabecera 11

Parque biosaudable

Parque biosaudable

O "Parque biosaludable" Concello de Becerreá definiese como un espazo verde situado na Rúa Valgamarín S/N de Becerreá, composto por diferentes equipos de ximnasia, que permiten manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas ou lesións concretas. Está deseñado para a práctica de exercicio físico de adultos a partir de 40 anos e é especialmente recomendable para maiores de 60 porque lles permiten mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo.
Neste Parque Biosaludable poden atopar diversos elementos para determinados tipos de exercicios, estes elementos corresponderían á seguinte clasificación:

1. Equipos de Arrequecemento (os equipos que corresponden a esta sección son para iniciar a actividade física):

- Volante: potencia, desenvolve e mellora a musculatura dos ombreiros. Mellora a flexibilidade xeral das articulacións de ombreiros, bonecas, cóbados e clavículas.

-A cintura: exercita a cintura e axuda a relaxar os músculos de cintura e costas, reforza a axilidade e a flexibilidade da zona lumbar.

-O temón: reforza a musculatura de membros superiores así como a flexibilidade e axilidade das articulacións do ombreiro. Especialmente indicado para rehabilitacións de mobilidade de ombreiro.

2. Equipos de coordinación de movementos:

-Esquí de fondo: mellora a mobilidade dos membros superiores e inferiores e mellora a flexibilidade das articulacións.

-Patíns: mellora a mobilidade dos membros inferiores, achegando coordinación ao corpo e equilibrio, aumenta a capacidade cardíaca e pulmonar reforzando a musculatura de pernas e glúteos.

-Surf: reforza a musculatura da cintura, mellora a flexibilidade e coordinación do corpo. Recomendado para persoas de todas as idades. Exercita a columna e a cadeira. (Está limitado para persoas con problemas articulares de costas ou de cadeira, deben consultar ao médico para usar este elemento).

-As barras: para estiramentos de extremidades.

3. Equipos de exercicios:

- O ascensor: reforza e desenvolve a musculatura de membros superiores, peito e costas mellorando a capacidade cardio-pulmonar.

-O pony: fortalece a musculatura de brazos, pernas, cintura, abdominal, costas e peito, permitindo un completo movemento das extremidades, mellora a capacidade cardio-pulmonar.

-A randeeira: desenvolve e reforza as musculaturas de perna e de cintura, en concreto cuadriceps, xemelgos, glúteos e músculos abdominais inferiores.

4. Equipos de relaxación:

-A masaxe: relaxa a tensión muscular de cadeira e costas. Axuda a mellorar a circulación e o sistema nervioso.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net