Fondo cabecera 11

Feiras

Feiras

As Feiras en Becerreá celebranse todolos días 3 e 19 de cada mes, son unhas das mellores da provincia de Lugo, na que se dan citan gandeiros de toda a comarca e de fora dela. Nos ultimos anos melloranronse as instalacións, máis adaptadas os tempos que corren, e incluso as transacións e os trámites administrativos relativos a mesma están informatizados (Rexistro do Mercado Gandeiro). Construiuse fai pouco tempo unhas novas instalación no recinto feiral, unha Estación de Lavado e Desinfección de Vehículos de Gando e un Gran Recinto Cuberto no que se instalan todo tipo de pequenos comerciantes os días de feira.

O gando na feira é fundamentalmente vacún, de raza rubia moi abundante no concello e que é moi demandado por compradores que veñen a feira de Becerreá dende Asturias, León, Pontevedra, A Coruña e de toda a provincia de Lugo. Pero tamén entran neste mercado ganado porcino, ovino, caprino e equino ainda que en menor cantidade que o vacuno.

Outro aspecto a destacar é a tradicion de comer o polvo na feira, pois esta a experimentar un gran auxe no so da propia xente que ven a feira por negocio senón de moita xente que se acerca de vila atraidos pola exquisita calidade deste producto. Hai numerosos postos de pulpo non so nas actuais instalacións do mercado senón na zona da vila coñecida coma a feira vella, que como o seu nome indica, era o lugar onde se celebraran antes as transacións, e hoxe en día, acondicionouse como fermoso parque público.

Pero na feira no so hai ganado senón que tamén se pode atopar calquera utensilio para a labranza e como non tamen maquinaria agricola. Dende o concello recomendamos a súa visita pois de seguro que lles quedará gañas de repetila, e poderán apreciar en sito unha das señas de identidade do Concello de Becerreá.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net