Fondo cabecera 11

Descricións do patrimonio cultural

AGUEIRA (San Xoán)

Igrexa Parroquial de San Xoán

Atópase illada, xunto o río Navia, cun adro cemiterio no seu redor. Nave cuberta a dúas augas con lousa sobre armadura de madeira con tres vigas tirantes. Dúas capelas laterais danlle planta de cruz latina, están cubertas a tres augas con arcos de medio punto de lousa e bóvedas de canón. Capela dereita ca pía bautismal e capela esquerda cun retablo. Frontis con porta alintelada, ventá rectangular e espadana de dous vans con acrotera barrocas de pedra calcaria. Toda a igrexa está sen revoco.

Capela da Horta

Capela de tres naves separadas por arcos de medio punto que pousan sobre piares e pilastras baixo a mesma cuberta a dúas augas sobre madeira. Coroa o templo unha cúpula con lanterna que érguese sobre catro arcos Presbiterio máis elevado e maior ca nave central. Frontis precedido por unha reixa torre cadrada de tres corpos de cachotería de pedra calcaria e tres vans. Espadana dun só van con campanil. Os muros están feitos de cachotería de xisto sen revocar. Hai unha placa na fachada principal que di: "CAPILLA DE SAN BENITO REEDIFICADA EN 1710 PROPIEDAD DE DON EDMUNDO FERNANDEZ"

Pazo Fernández Vázquez. A Horta

Casa pazo con pedra heráldica, que ten, cabeza de guerreiro, ovalo, león, axadrezado, rosa e seis barras. Ten capela particular, a capela de San Benito, en planta de cruz latina e cúpula sobre pendentes no cruceiro. A casa composta de dous volumes con dous andares cada un, a base de muros de cachoteria e cuberta de lousas de xisto. O volume principal é de planta cadrada coa cuberta a catro augas da que sobresaen as buxardas, destaca a galería de madeira no alzado Sur e as galerías corredor no este. Todo o volume está revocado e pintado en cor vermello coas esquinas en branco. O outro volume de planta rectangular e cuberta a dúas augas é unha construción máis sinxela pintada do mesmo xeito, o conxunto complétase ca xardín que rodea a casa principal.

ARMESTO (San Román)

Igrexa parroquial de San Román

Sinxela Igrexa dunha nave cuberta a dúas augas con lousa sobre madeira sobre seis vigas tirantes. Presbiterio máis baixo e estreito de trazo semicircular con arco triunfal de aresta sobre pilastras. Sancristía no lateral sur da nave. Frontis con porta alintelada protexida por un amplo cabildo pechado, con dúas portas laterais e cuberto a tres augas. Espadana dun só van.

BECERREÁ (San Xoán)

Igrexa Parroquial de San Xoán

Atópase no centro da localldade, moderna, deste século XX. Planta de cruz latina formada por dúas capelas laterais. Nave e presbiterio cubertos a dúas augas con tellado de lousa. No interior da nave ten bóveda de oxiva sobre arcos faixóns apuntados. Capelas laterais tamén cubertas a dúas augas. A parte posterior do presbiterio e de trazo semicircular. Torre elevada, na mesma liña do frontis sobre piares exteriores con catro vans dobres e chapitel.

Antigo cárcere. Becerreá

Construción datada en 1870 segundo unha inscrición na fachada, rehabilitada como Palacio de Xustiza. De planta rectangular composta de dous andares. Os muros son de cachotería sen revocar, con grandes sillares que reforzan os vans na planta baixa que conservan os enreixados de forxa. No primeiro andar os vans foron recercados con pezas de gra e as carpinterías substituidas por aluminio. A cuberta é de lousas de xisto a catro augas.

Casa de Rivas, Becerreá

Conxunto formado pola case grande e unhas construcións adxectlvas tipo palleira ou alpendre, as edificacións están dispostas entorno a unha leira e separadas da estrada por un murote de pedra. A casa principal de planta rectangular, está compasta de dous volumes, un de dous andares e outro de tres cos típicos ocos de ventilación do faiado. Os muros son de cachoteria sen revocar, con grandes sillares que reforzan os vans, as cubertas de lousas de xisto. Semella que os volumes corresponden a dúas épocas distintas pola composición dos alzados o máis alto cunha composición máis racionalista e cunha galería-corredor nun dos vans do primeiro andar. No volume máis baixo, aparece un pequeño escudo de gra sobre a porta principal.

Casa nº 26 na Rúa Carlos III, Becerreá

Construción entre medianeiras na N-VI, o seu paso polo núcleo urbano de Becerreá. Composto de dous andares, a base de muros de cachotería revocados, no primeiro andar ten unha galería miradoiro en madeira con cuberta a dúas augas, formando un volume a parte do resto da cuberta. A composición é simétrica respecto ó miradoiro cuns balcóns corridos con peche de forxa. Na planta baixa ten un portón de gran dimensión debaixo do miradoiro e unha porta e ventá a cada lado. O remate do frontis da galería e feíto de chapa de zinc imitando escamas e ten unha ventá circular mo¡ ornamentada para ventilación do falado.

Casa na rúa Gómez Jiménez, Becerreá

Casa preto da Antiga Cárcere, de planta rectangular composta de dous andares e faiado con dúas pequenas bufardas.

Os muros de cachotería orixinalmente estaban revocados. Destaca a galería de madeira na fachada principal do primeiro andar, tódolos vans conservan as carpinterías de madeira.

Casa Rosón, Becerreá

Construción de dous andares, faiado e planta semi-soto, con muros de cachotería revocados e pintados en cor. A cuberta de lousas de xisto a dúas augas, cunha pequena bufarda. Os vans do alzado principal son de proporcións verticais e no primeiro andar teñen balcóns con peche de forxa. Conserva as carpinterías de madeira en tódolos vans. Nun dos alzados laterais ten unha ampla galería que ocupa a planta baixa e o primeiro andar.

CADOALLA (San Pedro)

Igrexa Parroquial de San Pedro

Igrexa de amplas dimensións, coñecido tamén como Mosteiro do EcceHorno. Unha nave principal cuberta a dúas augas con tellado de lousa que cubre tamén a nave lateral e unha capela que hai no testeiro. Cúpula sobre catro arcos e pendentes, coroada por unha lanterna con oito ocos, presbiterio cunha bóveda de canón sobre unha rexia cornisa corrida. Rexia torre adosada os muros da nave sobre catro piares con arcos de medio punto de lousa que protexen o acceso. Nave central con dous accesos, un o devandito baixo a torre e outro lateral con porta alintelada baixo unha fornela e ventá rectangular. No segundo corpo da torre ábrese un van o norte e unha seteira o poñente e o sur. No corpo superior hai catro vans e está coroado por unha cúpula.

Casa-Torre de Cadoalla

No século XVI, membros da liñaxe de Hebrón, fundan a casa torre de Cadoalla. No escudo figuran os emblemas dos Ribadeneyra, Bolaña, Balboa e outros máis. A casa primitiva está composta de dous volumes, un con dous andares e outro con tres, con grosos muros de cachotería de xisto ten poucos e pequenos van reforzados con sillares, a porta de acceso ten un arco de medio punto alintelado é neste alzado onde conserva o pequeno escudo. A cuberta de lousas de xisto a dúas augas. O conxunto está bastante alterado xa que apoiaron unha construción de formigón armado ó volume principal.

CASCALLÁ (Santa María)

Igrexa Parroquial de Santa María

Situada na parte superior da aldea cun pequeno campo no lateral sur e cemiterio o norte. Nave cuberta a dúas augas con tellado de lousa sobre madeira con cinco vigas tirantes. Muros revocados de cal. Presbiterio semicircular, máis elevado ca nave e cunha seteira o sur. Arco triunfal de medio punto e ceo en bóveda de cuarto de esfera. Porta lateral sur protexida por un pequeno alpendre, a modo de pórtico, formado por dous piares laterais e cuberto co alongamento da vertente da nave. Unha saeteira no mesmo lateral. Frontis con porta alintelada, óculo e espadana de dous vans. Ten un engadido na fachada principal a modo de cabildo feito con fábrica de bloque.

CEREIXAL, O (San Xosé)

Igrexa Parroquial de San Xosé

Igrexa moderna sen moito interese. Nave cunha espadana de dous vans na fachada. Presbiterio máis elevado e amplo ca nave e sancristía na parte posterior. Sen retablos nin imaxes.

Casa de Neira, Cereixal

Casa cunha inscrición de 1887 abandonada en estado semi ruinoso, actualmente en venda. De planta rectangular e tres alturas, con cuberta a catro augas de lousas de xisto. Os muros de gran espesor son de cachoteria originalmente revocados aínda que caeron parte dos revocos. Destaca a galeria na fachada Sur, no primeiro e segundo andar, orixinalmente debeu ser toda de madeira, mais hoxe en día o primeiro andar é de formigón. Por riba da liña da cornisa aparecen os típicos vans de ventilación do faiado. O resto dos vans gardan unha composición racionalista, conserva as carpinterías de madeíra e os enreixados nas fiestras do primeiro andar. A finca está separada do camiño por un peche de forxa. En ruinas.

Casa de Valcarcel en Cereixal

Casa con pedra heráldica cuartelada, flor de lis e paxaro, león e serpe, man e coroas sol e lúa, o escudo está situado no frontis que coroa o muro de peche da finca, sobre a porta de acceso. A casa composta de dous volumes con dous andares cada un, a base de muros de cachotería e cuberta de lousas de xisto. O volume principal é de planta cadrada coa cuberta a catro augas, destaca a galería de madeira que recorre case todo o primeiro andar. O alzado Norte está revocado e pintado en cor amarela, con vans que foron substituídos por carpinterías de aluminio. O outro volume ten os muros sen revocar, de planta rectangular e cuberta a dúas augas é unha construción máis sinxela.

Escola de Cereixal

Escala rehabilitada no ano 2002, de planta cadrada é cuberta a dúas augas, composta de dous andares, os muros son de cachoteria de xisto sen revocar e a cuberta de lousas de xisto sobre estrutura de madeira. Composición da fachada simétrica respecto o eixo central que o forman a porta de acceso na planta baixa un balcón na segunda planta e un reloxo na parte superior da fachada. As carpinterías foron substituidas por aluminio. O resto dos vans son iguais na fachada principal e na lateral, o outro alzado lateral e mailo posterior presentan uns vans de menor tamaño.

Fonte da Escola de Cereixal

Fonte coa canle nun muro de pedra de cachotería, da canle a auga cae no depósito ou pilón.

CRUZUL (San Martiño)

Igrexa Parroquial de San Martiño

Igrexa algo illada da aldea en estado semiruinoso. Nave e presbiterio cubertos a dúas augas, sobre armadura de madeira na nave e sobre bóveda de canón no presbiterio. Frontis sinxelo con porta alintelada e espadana dun so van.

Campanario en Cruzul

Campanario de dous vans, ó que se accede por unha escada fixa. O conxunto está construido a base de muros de cachotería sen revocar.

Casa Torre de Cruzul

Construción en "U" composta de dous andares, e feita a base de muros de cachotería revocados, cubertas de lousas de xisto. A Casa organizase entorno a un patio e está separada do camiño por un muro de cachotería cun portón de madeira polo que se accede ó patio. A casa ten a configuración tradicional e os materiais aínda que tamén presenta algún engadido. As carpinterías son de madeira. En xeral o estado de conservación é malo.

Ponte Cruzul

Ponte sobre o río Narón. Construida en sillares de gra con tres vans rematados en arco de medio punto.

Muiño de Cruzul

En ruinas total, só se conservan restos dos muros de cachotería.

FERREIROS DE VALBOA (Santa María)

Igrexa Parroquial de Santa María, Ferreiros de Valboa

Humilde igrexa que domina toda a aldea, cun adro-cemiterio no seu redor. Nave cuberta a dúas augas sobre madeira con vigas tirantes e coro alto os pes. Frontis con porta en arco, sen impostas e espadana, precedido por un rexio pórtico con tres arcos de acceso. Presbiterio máis baixo e reducido ca nave, arco triunfal aguzado, en aresta, de tosca imposta e pilastras en aresta. No centro do presbiterio érguense dúas columnas cun arco aguzado co divide en dúas partes. Bóveda de pedra, tamén en aresta. Acceso a sancristía, a esquerda e acceso exterior a dereita. Retablo maior neoclásico, recente. Dous retablos laterais.

FONTARÓN (Sancti Spiritus)

Igrexa Parroquial do Sancti Spiritus

Igrexa moi sinxela. Nave cuberta a dúas augas con tellado de lousa sobre armadura de madeira cunha viga tirante. Frontis con porta alintelada e espadana. Presbiterio máis alto ca nave e cuberto a dúas augas, sancristía na parte posterior. Retablo moderno de estilo neoclásico e sen tallas.

Capela de Garalla en Fontarón

Capela situada na parte máis alta da aldea. Planta rectangular de 7,20 x 5,25 metros. Pórtico que protexe a entrada. Imaxes de San Ramón e Santo Antonio. Construción a base de grosos muros de cachotería sen revocar e cuberta de lousas de xisto.

Casa reitoral de Fontarón

Casa reitoral, sen uso na actualidade. Construción de planta cadrada, volume case cúbico, con cuberta a catro augas. Os muros de cachotería revocados e a cuberta de lousas de xisto. Conserva as carpinterías orixinais de madeira, coas contras interiores tamén de madeira. En xeral o estado non é malo mais tampouco presenta elementos salientables, é unha construción tradicional sen ningunha pretensión.

Palloza - Casa de Perucho, Pedrelada

Alterada só conserva os muros de cachotería, está cuberta por unha estrutura metálica.

Palloza - Casa do Gacho, Regosmil

A palloza é de planta circular, con muros a base de cachotería de xisto de uns dous metros de altura rematados polo beiral, pezas de xisto que voan uns 15 cm. sobre os muros para protexelos da auga ou a neve. Os muros teñen uns pequenos vans e dúas portas de acceso, como é tradicional unha para a zona da vivenda e outra para o gando. A cuberta é de chapa é lousas de xisto.

Palloza- Casa de Escalo, Fontarón

A palloza está en ruinas, cos muros e maila cuberta caídos, é de planta circular, con muros a base de cachotería de xisto de uns dous metros de altura.

Hórreo en casa de Perucho, Pedrelada

O horreo é de tipo asturiano, de planta cadrada, os pes son troncopiramidais de madeira cunha altura que deixa un espazo debaixo para a leña, ou os aperos. Os tornarratos son circulares de pedra de lousas de xisto. A cámara composta por unha grade formada por catro trabes de considerable sección. A cuberta é de colmo cunha estrutura de armazón de madeira.

FURCO (San Xoán)

Igrexa parroquial de San Xoón

Humilde igrexa do século XVIII un pouco illada da aldea. Nave rectangular con cuberta a dúas augas sobre madeira con dúas vigas tirantes. Frontis con porta alintelada e rexia espadana de dous vans. Presbiterio na mesma liña ca nave pero un pouco máis elevado e cuberto a catro vertentes, e co acceso por un arco triunfal en aresta sobre saíntes pilastras. Sen retablo maior e cun retablo lateral esquerdo barroco con dúas columnas.

GUIFREI (Santa Baia)

Igrexa Parroquial de Santa Baia

Ampla igrexa situada na parte máis alta da aldea co cemiterio no seu redor. Tres naves separadas por arcos de medio punto que pausan sobre piares e pilastras baixo a mesma cuberta a dúas augas sobre madeira con tres vigas tirantes na nave central. Coroa o templo unha cúpula con lanterna que érguese sobre catro arcos, un toral, dous laterais e o triunfal que accede o presbiterio. Presbiterio máis elevado e reducido ca nave central e cun acceso a sancristía no lateral norte, cuberto cunha bóveda de canón. Frontis precedido por unha rexia torre cadrada de tres corpos de cachotería de pedra calcaria e tres vans. A base da torre fai de pórtico de entrada cun arco de medio punto. Nave lateral sur co baptisterio, cuberto cunha bóveda de canón. Retablo maior barroco, o mesmo cos dous laterais.

Capela de Narón en Guilfrei

Pequena e sinxela capela de planta rectangular de 6,95 x 4,65 metros, cuberta a dúas augas. Cabildo cuberto tamén a dúas augas sobre madeira e dous piares. Muros caleados. Tallas mediocres do século XVI.

Casa reitoral de Guilfrei (antigo)

Casa reitoral, sen uso na actualidade. Só se conservan parte dos muros de cachotería sen revocar e a cuberta de lousas de xisto. Era unha construción dunha só andar.

Casa Torre en Guilfrei

Casa torre de planta case cadrada con dous andares agás a torre situada nunha esquina da planta que ten tres andares e cuberta a catro augas. A construción é a base de grosos muros de cachotería con sillares de reforzo nos vans e nas esquinas do volume, a cuberta é de lousas de xisto sobre estrutura de rnadeira. O acceso principal está protexido por un teito a modo de pórtico e na fachada posterior hai un corredor aberto mais cuberto. As carpinterías son de aluminio lacado en cor branca imitando o despece das orixinais, en xeral o estado de conservación é moi bo.

GUILLÉN (San Pedro)

Igrexa Parroquial de San Pedro

Sinxela Igrexa rural do século XVIII, de pequena proporcións. Nave de 5,1 x 6,9 metros cuberta a dúas augas co piso de laxas de lousa. Presbiterio máis alto e saínte ca nave de 6,00 x 6,15 metros cuberto a catro vertentes ca sancristía no lateral norte. Arco triunfal de medio punto en aresta. Espadana dun só van. Retablo do século XIX moi simple.

Capela de Fonte do lobo

Capela pública, aínda que situada nunha propiedade particular. Planta rectangular cuberta a dúas augas. Sen espadana nin campanil.

LIBER (San Remixio)

Igrexa Parroquial de San Remixio

Igrexa de orixe románica un pouco illada da aldea e arrodeada dunha frondosa vexetación. Nave rectangular cuberta a dúas augas sobre madeira con cinco vigas tirantes e testeiras. Frontis con espadana dun van e porta en arco de laxas de lousa e muros caleados. Ábsida románica co testeiro rectangular, arco triunfal de medio punto revocado de cal, cos laterais saíntes nos sálmeres, sinxelas impostas e pilastras. Cuberta por unha bóveda de canón baixo un tellado a dúas augas de lousa cos beirados pousados en modillóns decorados.

Ponte Gatín

Ponte sobre o río Navia, no antigo camiño entre Ambasmestas e Becerreá polo portelo. Construída en cachotería e xisto, no século XVIII, cun arco principal algo aguzado de 15, 7 metros de luz e outro de 4,3 metros. Calzada alombada. Foi recentemente restaurada substituíndo a calzada orixinal por un lousado de xisto. No medio da ponte hai un milenario cunha inscriclón ilexible.

Hórreo nas Pontes de Gatín

Hórreo de tipo asturiano, de planta cadrada, os pes son troncopiramidais de madeira cunha altura que deixa un espazo debaixo para a leña, ou os aperos. Os tornarratos son circulares de pedra de lousas de xisto. A cámara composta por unha grade formada por catro trabes de considerable sección. A cuberta feita de estrutura de armazón de madeira e a cubrición de colmo.

Hórreo en Liber

Hórreo de tipo asturiano, de planta cadrada, os pes son troncopiramidais de xisto cunha altura que deixa un espazo debaixo para a leña, ou os aperos. Os tornarratos son circulares de pedra de lousas de xisto. A cámara composta por unha grade formada por catro trabes de considerable sección. A cuberta é de colmo cunha estrutura de armazón de madeira.

Muiño de Gantín

Muiño hidráulico de río, empregado para a transformación do gran. Os mecanismos de moer atópanse dentro dunha pequena construción, feita de muros de cachotería e cuberta de xisto. A construción está camposta de dous andares. Este muiño é dos de tipo canle, neste tipo a auga chega ó rodicio a través dunha canle de aí o seu nome.

MORCELLE (San Xián)

Igrexa Parroquial de San Xián

Templo dunha nave cuberta a dúas augas sobre armadura de madeira. Presbiterio máis alto e saínte ca nave e cuberta a catro augas, ca sancristía pegada no lateral sur. Porta no mesmo lateral da nave. Esvelta espadana de bloques de pedra calcaria, semellantes os da porta e esquinais do frontis. Retablo maior renacentista, de influencia barroca.

Capela da Casa Torre de Cormes

Construción de planta rectangular e cuberta a dúas augas, a base de muros de cachotería revocados, aínda que están deteriorados, cuberta a base de lousas de xisto. Nos alzados laterais ten dúas fiestras rematadas en arcos de medio punto. A fachada principal remata cunha espadana dun só van, sen campanil.

Casa Torre de Cormes

Casa torre de planta rectangular con dous andares agás a torre situada nunha esquina da planta que ten tres andares e cuberta a catro augas. A construción é a base de grosos muros de cachotería, a cuberta é de lousas de xisto sobre estrutura de madeira. As portas de acceso ó interior son alinteladas con arcos de medio punto. As carpinterías son de madeira pintadas en cor branca. Ten unha inscrición ilexible nun dos linteis e un escudo nunha das fachada. A Capela é exenta situada ó pe do camiño, formando parte do peche da finca, con cuberta a dúas augas de lousas de xisto e espadana dun só van. Consérvanse restos dun pombal no interior da finca. Un murete de pedra separa o conxunto das leiras veciñas. O conxunto non presenta alteracións significativas.

OUSELLE (San Cosme)

Igrexa Parroquial de San Cosme

Templo románico na súa totalidade, algo illado da aldea. Unha nave cuberta a dúas augas sobre armadura de madeira con catro vigas tirantes, unha ventá saeteira en arco abocinado en cada lateral. No testeiro, sobre o arco triunfal hai outra primitiva ventá. Muros de cachotería calcaria. Porta lateral sur alintelada sobre saintes mochetas e coroación dos muros con toscos modillóns de pedra calcaria que soportan a cornixa corrida. Ábsida semicircular, máis baixo e estreito ca nave, cuberta con bóveda de canón. Modillóns e cornixa semellantes os da nave. Arco triunfal de medio punto en aresta, sobre pilastras. Frontis de porta alintelada cun lintel monolítico sobre mochetas cuberta por un rústico pórtico cuberto a dúas augas e con porta en arco de medio punto. Espadana dun só van.

Capela de San Roque en Ouselle

Pequena capela rural de planta rectangular de 4,40 x 3,76 metros. Pavimento de pedra e cuberta de lousa. Con campanil. Sen retablo, imaxe de San Roque.

Casa reitoral de Ouselle

Construción de dous andares, a base de muros de cachotería revocados, con cuberta de lousas de xisto a tres augas. Non ten ningún elemento salientable. O estado de conservación é regular, aínda que non presenta alteracións.

OUSÓN (Santo Adrao)

Igrexa parroquial de Santo Adrao

Templo rústico situado na parte inferior da aldea. Unha nave e presbiterio aliñados e cubertos co mesmo tellado a dúas augas. Arco triunfal sobre baixas pilastras en aresta. Sancristía no lateral norte. Pavimento de laxas de lousa. Pórtico pechado nos laterais cuberto a tres vertentes a mesma altura ca nave. Espadana dun só van situada entre a nave e o pórtico. Sen retablo. Ten Imaxes.

Capela de Vilar en Ousón

Rústica capela cuberta a dúas augas con pórtico pechado, pavimento de laxas de lousa, campanil formado por dous vans. Ten imaxes.

PENAMAIOR (Santa María de San Lourenzo)

Mosteiro e Igrexa de Santa María de Penamaior

Antigo mosteiro cisterciense, o único galego filiado a Citeaux, a través de Carracedo. A igrexa mosteiral é actualmente a parroquial do mesmo nome, no concello de Becerreá (Lugo). A súa orixe fo¡ moi discutida. Seguramente non se fundaría antes da restauración e rehabílitación da vila monástica en Carracedo, sobre o ano 1138 e cando xa Cariacedo habíase incorporado á vila e usos dos cistercienses. No ano 1225 convértese en abadía independente é o seu patrimonio irá aumentando a base de dacións e concesións de privilexios. A esta primeira etapa do mosteiro está vinculado o rei Alfonso IX e a familia dos Trastámara. Este rango da abadía dura ata o ano 1506, no que se unen para formar parte da Congregación de Galicia, Castela e León. Isto presupón a perda de súa categoría abacial e a súa transformación en presidencia o pequena comunidade dedicada á cura de almas e a administra-las rendas. Isto forma parte da decadencia xeral que sofren todos los mosteiros cistercienses a partires do século XV. Co tempo, a decadencia da congregación extinguirá a pouca vida que tiña o mosteiro e as rendas que ainda conservaba foron a parar as mans das familias de Becerreá ca motivo da desamortización. Carta de doazón de 1.187. Mosteiro Cisterciense no 1.255, pasando a ser igrexa parroquial a partir de 1.836.

A igrexa é de planta basilical de tres naves, cada unha delas dividida en catro compartimentos o tramos, e tres ábsidas, semicirculares os laterais, e poligonal por fora e semicircular por dentro o central, agregados os tres a pequenos corpos rectangulares de presbiterio. Os pilares e os arcos das naves foron na súa maior parte renovados e as pilastras antigas aínda conservan semi columnas rozadas nos frontes. Os arcos de ingreso ás ábsidas son semicirculares sobre semicolumnas pegadas. Estas ábsidas cóbrense con bóvedas de canón semicircular, terminadas en cascarones o cartos de esfera. A fachada, de factura agradable, a pesar das reformas ca alteraron en parte, está dividida, como corresponde a toda igrexa de tres naves, por dous contrafortes, en tres tramos ou partes; nos laterais ten sendas ventás de arquivoltas semicirculares tóricas sobre columnas acodilladas nas xambas, dous por lado. Sobre a porta principal ábrese outra ventá moi posterior, de arcos moldurados sobre xambas con as mesmas molduras. Esta porta é de arcos semicirculares tóricos e cun tímpano esculpido de forma tosca con relevos rudimentarios, un pouco infantís. No muro sur hai unha porta análoga pero está tapiada. No alzado do norte hai algunha ventá románica e no cuarto van un rosetón que case seguro estivo na fachada. O mosteiro ten un claustro de arcos semicirculares sobre pilastras, pero o que hai é todo relativamente moderno. É un bo exemplo da arquitectura románica da segunda metade do século XII.

QUINTÁ DE CANCELADA(Santa Bala)

Igrexa Parroquial de Santa Bala

Igrexa de amplas proporcións, illada da aldea e cun adro-cemiterio no seu redor. Frontis precedido por unha robusta torre cadrada que pousa sobre grandes piares que dan acceso a igrexa por un arco de medio punto, no segundo corpo ten catro ocos para as campás e está coroada por un pináculo de cúpula con acróteras. Dúas naves, principal e lateral norte separadas por tres piares unidos por arcos de medio punto. Nave principal cuberta a dúas augas con tellado de lousa sobre armadura de madeira con catro vigas tirantes. Porta lateral sur protexida por un cabildo de tres arcos de medio punto. A nave lateral cóbrese ca prolongación das augas da nave principal. Cruceiro formado por dúas capelas laterais cuberta a tres augas e no transepto cóbrese cunha cúpula sen lanterna, máis elevada co resto do templo e cuberta cun tellado a catro augas. Presbiterio na mesma liña ca nave principal e cuberto a dúas augas ca sancristía no lateral sur. Atópase en mal estado de conservación aínda que presenta un conxunto de agradables proporcións. Retirouse o retablo maior. Hai retablos laterais.

Capela de San lourenzo. Bullón

Capela de planta rectangular de 4,5 x 8,0 metros cuberta a dúas augas con tellado de lousa sobre armadura de madeira con dúas vigas tirantes. Tallas populares do século XVI. Actualmente están rehabilitando integramente a capela, a partir da traza dos muros de cachoterra orixinais, hasta unha altura de 1,20 m aproximadamente e o resto todo novo.

Capela de San Pedro. Tucende

Capela de planta rectangular de 3,7 x 6,7 metros, cuberta a dúas augas. Pórtico cuberto a tres vertentes formado pola prolongación dos muros laterais da nave protexendo a entrada. Imaxe de San Pedro do século XVIII.

Capela de San Xoán. Buisán

Capela de aspecto primitivo illada da aldea coroando un outeiro na beira esquerda do río Navia. Nave case cadrada de 5,15 x 5,25 metros cuberta a dúas augas con telladc de lousa sobre armadura de madeira. Alpendre a entrada formado pola prolongación dos muros da nave e cuberto a dúas augas e cunha viga tirante. Presbiterio rectangular de 5,75 x 5,25 metros cuberto a dúas augas con arco triunfal de medio punto sen impostas. Sinxelo retablo renacentista, popular.

Capela de Santa Apolonia. Castel María

Capela de planta rectangular de 5,1 x 7,6 metros. Tallas primitivas e barrocas. Sinxelo retablo.

Capela dos Remedios. O Couto

Capela cunha nave rectangular de 5,40 x 6,45 metros, cuberta a dúas augas sobre armadura de madeira con tres vigas tirantes. Portico protexendo a entrada e cuberto a tres vertentes. Presbiterio cadrado, máis amplo ca nave de 6,5 metros de lado cun arco triunfal sobre pilastras e bóveda de canón, en pedra. Retablo.

Palloza - Casa de Campos. Quinta da Cancelada

A palloza é de planta circular, con muros a base de cachoteria de xisto de uns dous metros de altura rematados polo beiral, pezas de xisto que voan uns 15 cm. sobre os muros para protexelos da auga ou a neve. Os muros teñen uns pequenos vans e dúas portas de acceso, como é tradicional unha para a zona da vivenda e outra para o gando. Só conserva os muros é parte da estrutura de madeira da cuberta.

Palloza - Casa de Rosiña. Castel María

A palloza é de planta circular, con muros a base de cachotería de xisto de uns dous metros de altura rematados polo beiral, pezas de xisto que voan uns 15 cm. sobre os muros para protexelos da auga ou a neve. Os muros teñen uns pequenos vans e dúas portas de acceso, como é tradicional unha para a zona da vivenda e outra para o gando. Non conserva a cuberta de colmo, foi substituída por fibrocemento e está caída.

Palloza en Bullán

A palloza é de planta circular, con muros a base de cachotería de xisto duns dous metros de altura rematados polo beiral, pezas de xisto que voan uns 15 cm. sobre os muros para protexelos da auga ou a neve. Os muros teñen uns pequenos vens e dúas portas de acceso, como é tradicional unha para a zona da vivenda e outra para o gando. A cuberta é de colmo sobre estrutura de madeira.

Hórreo en Bullón

Hórreo do tipo asturiano, de planta cadrada, os pes son troncopiramidais de madeira cunha altura que deixa un espazo debaixo para a leña, ou os aperos. Os tornarratos son circulares de pedra de lousas de xisto. A cámara composta por unha grade formada por catro trabes de considerable sección. A cuberta feita de estrutura de armazón de madeira e a cubrición de colmo.

Hórreo na Cortella

O hórreo é de tipo asturiano, de planta cadrada, os pes son troncopiramidais de madeira cunha altura que deixa un espazo debaixo para a leña, ou os aperos. Os tornarratos son circulares de pedra de tousas de xisto. A cámara composta por unha grade formada por catro trabes de considerable sección. A cuberta é de colmo cunha estrutura de armazón de madeira.

Hórreo no Couto

Hórreo de tipo asturiano, de planta cadrada, os pes son troncopiramidais de xisto cunha altura que deixa un espazo debaixo para a leña, ou os aperos. Os tornarratos son circulares de pedra de lousas de xisto. A cámara composta por unha grade formada por catro trabes de considerable sección. A cuberta é de colmo cunha estrutura de armazón de madeira.


SEVANE (San Xoán)

Igrexa Parroquial de San Xoán

Incendiouse hai uns anos e tivo unha restauración moi pobre. Planta rectangular de 15 x 7 metros aproximadamente cuberta a dúas augas. O pórtico, que se salvou do lume, está cuberto a tres augas.

Capela de Santa Bárbara Sevane en Souto

Planta rectangular de 5,5 x 4,0 metros. Pórtico formado polo beirado saínte e polos muros laterais, protexendo o frontis e madeira. Sinxelo retablo do século XVII.

Palloza - Casa de Abaixo. Cousín

A palloza é de planta circular, con muros a base de cachotería de xisto de uns dous metros de altura rematados polo beiral, pezas de xisto que voan uns 15 cm. sobre os muros para protexelos da auga ou a neve. Os muros teñen uns pequenos vans e dúas portas de acceso, como é tradicional unha para a zona da vivenda e outra para o gando. A cuberta é de chapa metálica sobre estrutura de madeira. Na actualidade están reparando os muros na porta de acceso.

TORTES (San Pedro)

Igrexa Parroquial de San Pedro

Igrexa un pouco ¡llada co cemiterio arredor. Nave cuberta a dúas augas con tellado de lousa sobre armadura de madeira con catro vigas tirantes. Nave e presbiterio abovedados, con bóvedas de canón. Dúas capelas laterais, que danlle planta de cruz latina, de alzados máis elevados ca nave, cubertas a unha sola vertente. Sobre o cruceiro elevase un corpo cadrado cuberto a catro augas e cúpula no interior sobre catro arcos de medio punto. Sancristía e trasteiro nos laterais do presbiterio. Frontis formado por unha rexia torre cadrada de dous corpos, o inferior (al de pórtico e o superior e o campanario cunha seteira en cada lateral. Muros de cachotería agás nos esquinais que son de cantería e cuberta a catro augas con lousa sobre madeira.

Cruceiro do adro na lgrexa de Tortes

Base dun só chanzo, sobre a que se sitúa a base de forma tronco piramidal, o fuste monolítico é de sección rectangular nos extremos e coas rebaixadas no resto. O capitel é de forma tronco piramidal invertida, ornamentado con motivos vexetais. A cruz de sección florenzada de sección octogonal, no seu anverso baixo unha cartela aparece a efixie de Cristo cunha coroa de espiñas na cabeza, as mans aparecen abertas os brazos estendidos e a perna dereita sobre a esquerda. No seu anverso a imaxe da Virxe, vestida cunha túnica e manto coas mans sobre o ventre.

Viacrucis da lgrexa de Tortes

Só se conservan dous cruces enteiras é unha partida, feitas de pedra, atópanse no que pecha o adro da Igrexa.

VILACHA (San Pedro)

Igrexa Parroquial de San Pedro

Planta rectangular. Nave a dúas augas con armadura de madeira sobre catro vigas tirantes. Presbiterio un pouco máis elevado ca nave e cuberto a dúas augas. Arco triunfal de medio punto en aresta e bóveda de canón reforzada con contrafortes. Muros coroados por cornixa. Frontis con porta alintelada e un pequeno escudo na parte superior. Espadana de dous corpos, con dous vans no inferior e outro no superior.

Casa en Vilacha, Familia Piñeiro-Maseda

Casa datada en 1950, coñecida como "Casa da Señorita", pertence a Familia Piñeiro Maseda. Construción formada por un volume de dúas plantas e cuberta a catro augas a base de muros de cachotería revocados con imitación a sillares, destaca un balcón no primeiro andar que da cara o camiño. A este volume principal se lle adosa un engadido de formigón armado composto por unha torre de planta cadrada con tres andares e cuberta a catro augas, unha planta baixa cunha terraza con cuberta plana situada enriba e uns arcos de medio punto de rebaixados que configuran o pórtico. Consérvanse as carpinterías de madeira pintadas en cor vermella. Un muro de cachotería pecha o conxunto o acceso é a través dun portalón de madeira.

Hórreo da Casa en Vilacha, Familia Piñeiro-Maseda

Hórreo de tipo asturiano, de planta cadrada, os pes son troncopiramidais de madeira cunha altura que deixa un espazo debaixo para a leña, ou os aperos. Os tornarratos son circulares de pedra de lousas de xisto. A cámara composta por unha grade formada por catro trabes de considerable sección. A cuberta cunha estrutura de armazón de madeira, na actualidade non ten o colmo que fai de cubrición.

VILAÍZ (Santiago)

Igrexa Parroquial de Santiago

Nave cuberta a dúas vertentes sobre armadura de madeira cun artesoado interior en tres planos lonxitudinais. Presbiterio máis reducido e elevado ca nave, cuberto a dúas augas e con bóveda de canón no interior e arco triunfal. Muros revocados de cal. Frontis con porta alintelada, ventá rectangular e espadana de daus corpos con dous vans no inferior e un no superior.

Capela de San Martiño. Casares

Capela en estado ruinoso situada no lugar de casares. Non conserva máis cos muros de cachotería e a cuberta de lousas de xisto, xa non ten Santos e está practicamente cuberta de vexetación.

Casa reitaral de Vilaiz

Casa reitoral, situada ó pe da Igrexa parroquial, a construción invade parte do adro da Igrexa. O volume principal é unha planta en "L" composta de dous andares, a base de muros de cachotería sen revocar e cuberta de lousas de xisto. Conserva as carpinterías de madeira orixinais, mais tamén ten engadidos en ladrillo á vista no primeiro andar. A construción na actualidade está sen uso en estado case abandonado.

VILAMANE (Santa María)

Igrexa Parroquial de Santa María

Igrexa situada nun outeiro, illada. Nave cuberta a dúas augas. Muros de cachotería de pedra calcaria e lousa. Lateral norte con porta de acceso protexida por un alpendre soportado por unha columna. Presbiterio máis amplo e elevado ca nave cuberto a catro vertentes cun arco triunfal de medio punto e bóveda de canón. Frontis con porta alintelada, óculo, espadana de dous vans e cimacio con volutas.

Casa de Saavedra. Alrexe

Só se conservan parte dos muros de cachotería dunha das construcións que formaban a Casa de Saavedra. Ningún elemento salientable.

Pallozas de la casa de Saavedra, Alrexe

Ruínas, só se conservan os muros cubertos de silvas.

VILOUTA (Santa Mariña)

Igrexa Parroquial de Santa Mariña

Igrexa, con estrutura románica, posiblemente do século XV. Nave rectangular con cuberta de lousa sobre madeira con tres vigas tirantes. Ábsida semicircular, máis baixa e estreita ca nave cun arco triunfal dobrado en aresta e cunha seteira na parte superior. Frontis con porta alintelada, ventá rectangular e espadana de dous vans.

Casa do Avogado en Vilouta de Abaixo

Casa cunha pedra heráldica con once casas, barras e lanzas, coroada por celada mirando a dereita. Só se conserva unha construción co escudo, de planta rectangular con cuberta a catro augas a base de muros de cachotería sen revocar e grandes sillares de reforzo nos vans. A casa vella foi substituida por unha casa nova de tipoloxia e morfoloxia non tradicional, feita de formigón armado.

A Igrexa de Santa María de Penamaior atópase declarada monumento por Real Decreto 2723 de 27/08/82 (BOE do 2/11/82), e ten consideración de Ben de Interese Cultural pola disposición adicional primeira da Lei 16/85. Por Decreto 46 de 30/01/98 (DOG do 13/02/98) delimitase o seu contorno de protección, encamiñado á protección das súas vistas e á integración das futuras construcións na paisaxe que a arrodea.

Cómpre recordar que tódolos cruceiros, cruces de termos e outras pezas de análoga índole con antigüidade de máis de cen anos atópanse protexidos polo Decreto 571/1963, do 14 de marzo, e considerados bens de interese cultural pola disposición adicional segunda da Lei 16/85, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Igualmente, tódolos hórreos ou cabazos con antigüidade de máis de cen anos atópanse protexidos polo Decreto 449/1973, do 22 de febreiro, e considerados ben de interese cultural pala mesma disposición adicional.

Aínda que os hórreos e cabezos de máis de cen anos teñen a consideración de ben de interese cultural, débese establecer algún tipo de protección para tódolos hórreos de carácter tradicional, ainda que non cheguen aos cen anos.

Tamén tódolos castelos de España, calquera que sexa o seu estado de ruína atópanse protexidos polo Decreto de 22 de abril de 1949 e considerados ben de interese cultural pola mesma disposición adicional.

Dentro deste último apartado atópanse os seguintes bens:

  • Casa-torre. A Horte
  • Casa-Torre de Cadoalla
  • Casa-torre de Cormes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Ayuntamiento de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net