Fondo cabecera 11

Souto de Agüeira

Partindo de Ferrería, abrese un antigo camiño que nos leva a través do souto de Agüeira. Atópase amplamente poboado por unha masa arbórea con numerosos castiñeiros centenarios entre os que se salpican vellas frondosidades doutras especies autóctonas. Esta singular paraxe esténdese sobre as aldeas de Agüeira, Cormes e Morcelle. Tras atravesar o bosque chégase ata a aldea de Cormes, onde atopamos a torre da familia dos Erbón, hoxe dos Boado, que noutro tempo utilizouse como prisión. A época do ano de maior atractivo é o outono, no que podemos ver os "ourizos" dos castiñeiros. O itinerario é de dificultade media e abarca uns 2,6 km.

Ten á súa disposición dous documentos para descargar sobre esta ruta.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net