Fondo cabecera 11

Actualidade

CURSO DE BORDADO O CEREIXAL PRIMEIRO SEMESTRE 2018

IMG_Curso bordado Cereixal

O curso ten como obxectivos xerais os seguintes:

- Incrementar o benestar social e a mellora da calidade de vida da poboación xeral

- Mellorar a integración social

Como Obxectivos Específicos os seguintes:

- Desenvolver a creatividade e recreatividade.
- Potenciar a imaxinación e capacidade artística e estética.
- Fomentar a interrelación humana e integración social.
- Mellorar a coordinación psicomotriz entre mans e mente.
Como Obxectivos Operativos os seguintes:

- Lograr a distensión, relaxación e escape de tensións
- Favorecer a satisfacción persoal
- Aprender técnicas de bordado

Destinatarios: Toda a poboación do Concello de Becerreá.

Actividades a desenvolver:
- Clases de bordado.

O curso xa se levou a cabo ao longo de anos anteriores, a petición de continuar co curso xurde das propias participantes.
Temporalización: O curso levarase a cabo os luns dos meses de febreiro, marzo, abril e maio de 17.00 a 19.00 horas, comezando o día 5 de febreiro do 2018, o que sumaría un total de 15 días (30 horas).

Máis información no Centro de Servizos Sociais de Becerreá está emprazado na Feira Vella da Vila.

TEL. 982 360 704.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net