Fondo cabecera 11

Actualidad

Melloras da Escola Infantil Municipal de Becerreá

O Concello mellorou a Escola Infantil de Becerreá coa subvención que lle outorgou a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social lle concedeu a este Concello


CARTEL.EI.ACTUACIONS.17

O Concello mellorou a Escola Infantil de Becerreá para que o servizo que presta a Escola funcione en condicións axeitadas ás necesidades, intereses e competencias dos nenos en cada momento, coa subvención que a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social lle concedeu a este Concello realizaronse as actuacións presvistas no Proxecto de actuacións de Mellora na Escola Infantil de Becerreá redactado polo Arquitecto Municipal, en concreto:
- Actuacións de mellora da contorna arquitectónica do centro. Adoptando criterios de integración arquitectónica dos nenos na contorna arquitectónica, con fins pedagóxicos, empregando cores primarias nos diferentes espazos interiores, así como a dotación de paneis lousa coa pintura adecuada.
- Actuacións de mellora da accesibilidade. Adactando o acceso exterior ao centro as condicións adecuadas pola deterioración do pavimento, o uso de materiais inadecuados e deslizantes e a acumulación de auga. Fixose unha intervención nese ámbito mediante a colocación de sumidoiros, e a utilización na rampla dun pavimento antiescorregadizo.
- Mellora doutros elementos construtivos. Modificouse as portas de acceso ao centro mediante a colocación de barras antipático. Os peches de xanelas foron completamente substituídos, ao non estar adecuados para os fins previstos. Dotouse a Escola dunha lona de protección no arenero.
- Mellora de equipamento mediante a dotación de medios audiovisuais. Para a integración nas novas tecnoloxías de información e comunicación, e actividades e xogos dixitais interactivos, incitación ao inglés, etc.
- Mellora de equipamento mediante a dotación de mobiliario e material didáctico e de xogo. Con fins didácticos e educativos.
Finalmente sinalar o nivel de logro dos indicadores de productividade asociados a esta convocatoria de axudas. Estes indicadores son os seguintes:
Identificador: C035
Nome: Capacidade de coidado de nenos ou de infraestruturas de educación subvencionadas
Unidade de medida: persoas
Valor: 41 prazas
A axuda concedida á entidade local beneficiaria contribuirá á consecución do seguinte indicador de resultado:
Identificador: R1S1b
Nome: Taxa de cobertura escolar de poboación de O a 3 anos
Valor de referencia: 33,86%
Actualmente un 48,78% e durante o curso unha media dun 63,41% ,contando só cos nenos/as do Concello de Becerreá

O importe total das actuacións acadou a cuantía de 30.400,00 € ive inclúido

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Ayuntamiento de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net