Fondo cabecera 11

Actualidade

Convocatoria Pleno 5 de abril de 2018

IMG_Pleno_escudo

CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO
Expediente nº 461/2018
De conformidade co acordo plenario de data 22 de xuño de 2015 modificado polo de 26 de xaneiro de 2017 polo que se establece o réxime de sesións do pleno da corporación e resultando que cando non poida celebrarse pleno ordinario na data prefixada por tratarse de dia festivo, o pleno se celebrará o mesmo dia e á mesma hora unha semana despois resultanto que o vindeiro xoves 29 de marzo é xoves Santo.
En virtude do anterior e no exercicio das competencias que me confire a vixente lexislación sobre o réxime local, pola presente, resolvo:
PRIMEIRO.- Convocar sesión ordinaria do pleno municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día 5 de abril de 2018 ás vinte horas, no salón de sesións da casa consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar sesión á mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.
SEGUNDO.- Fixar a orde do día que de seguido se indica:
ORDE DO DIA
A.-PARTE RESOLUTIVA
1.- Aprobación da acta da sesión plenaria anterior ordinaria de 26 de xaneiro de 2018. Expediente nº 97/2018.
2.- Dación en conta ao Pleno da actualización do informe de intervención de avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade, da regla de gasto e do límite de débeda emitido en relación ao Orzamento para o ano 2017 en cumprimento do previsto no artigo 16 da Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro (obrigas trimestrais de suministro de información de Entidades Locais 4º trimestre exercicio 2017). Expediente nº 174/2018.
3.- Dación en conta ao Pleno da aprobación da liquidación do Orzamento do ano 2017. Expediente nº 296/2018.
4.- Proposición da Alcadía relativa á modificación orzamentaria 03/2018 consistente en suplemento de crédito con aplicación do superávit orzamentario con cargo ao Remanente de Tesourería para gastos xerais resultante da Liquidación do orzamento do ano 2017 aprobada pola Alcaldía con data 19 de marzo de 2018. Expediente nº 457/2018.
5.- Proposición da Alcadía relativa ao exercicio das funcións de Tesoreiro por funcionario propio da Entidade Local. Expediente nº 466/2018.
6.- Proposición da Alcaldía relativa á solicitude ao Ministerio de Fomento do arranxo da antiga N-VI ao seu paso por Venda de Cruzul e a Ferreria promovida polos veciños. Expediente nº 462/2018.
7.- Moción presentada polo Grupo Municipal Socialista relativa ao acordo entre a FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS e o Ministro de Facenda para que os Concellos poidan investir o seu superávit. Expediente nº 464/2018.
B.- PARTE ADICADA O CONTROL.
8.- Asuntos de urxencia.
9.-Dar conta das resolucións da alcaldía.
10.-Rogos.
11.-Preguntas.
Becerreá
O Alcalde¿Presidente
Asdo. Don Manuel Martínez Núñez

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net