Fondo cabecera 11

Actualidad

Convocatoria Pleno 7 de xuño de 2018

IMG_Pleno_escudo

CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO

Expediente nº 631/2018

Visto o acordo plenario de data 22 de xuño de 2015 polo que se establece o réxime de sesións do Pleno da Corporación.
Visto o establecido no artigo 46.2 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 7/85 de 2 de Abril, e polo artigo 210.2 da lei de Administración Local de Galicia, Lei 5/97 de 22 de Xullo e 78 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Entidades Locais.
Esta convocatoria motívase na necesidade de proceder á celebración dun pleno ao non terse celebrado o ordinario do mes de maio o pasado dia 31.
Polo presente e no exercicio das competencias que me confire a lexislación vixente en materia de réxime local, RESOLVO:
Primeiro.- Convocar sesión extraordinaria do Pleno Municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día xoves día 7 de xuño ás vinte horas, no salón de sesións da Casa Consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar a sesión a mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.
Segundo.- Fixar a orde do día que de seguido se indica:

ORDE DO DIA
A.-PARTE RESOLUTIVA
1.- Aprobación da acta da sesión plenaria anterior ordinaria de 5 de abril de 2018. Expediente nº 461/2018.
2.- Proposición da Alcaldía relativa á toma de coñecemento do abandono de sete concelleiros do Grupo Municipal Socialista. Expte 624/2018
3.- Proposición da alcaldía relativa á nova composición da comisión especial de contas. Expte 632/2018.
4.- Proposición da alcaldía relativa á modificacion do Regulamento Orgánico do Concello de Becerreá. Expte 694/2018
5.- Modificación de crédito 05/2018 suplemento de crédito con aplicación del superavit orzamentario. Expte 643/2018
6.- Solicitude de axudas e subvención para os obradoiros duais de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia (orde do 4 de maio de 2018): Concellos de Baralla (promotor), As Nogais e Becerreá. Expte nº 690/2018
7.- Solicitude á Deputación Provincial de Lugo de asunción das funcións de Delegado de Protección de datos para o Concello de Becerreá como Concello de menos de 20.000 habitantes. Expte 695/2018.
8.- Dación de conta ao Pleno da Resolución da Alcaldía de data 3 de xuño de2018 relativa á periodicidade das sesións da Xunta de Goberno Local.
B.- PARTE ADICADA O CONTROL.
9.- Asuntos de urxencia.
10.-Dar conta das resolucións da alcaldía.
11.-Rogos.
12.-Preguntas.
Becerreá
O Alcalde¿Presidente, Asdo. Don Manuel Martínez Núñez
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE NA DATA CONSIGNADA AO MARXE

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Ayuntamiento de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net