Fondo cabecera 11

Actualidade

Convocatoria Pleno 27 de setembro de 2018

IMG_Pleno_escudo

D. MANUEL MARTÍNEZ NÚÑEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.

FAI SABER

Que o vindeiro XOVES DÍA 27 DE SETEMBRO ás vinte horas, na Casa do Concello celébrarase sesión ordinaria do Pleno municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento ós efectos prevenidos polo artigo 81.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Becerreá
O Alcalde-Presidente

Don Manuel Martínez Núñez

CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO

De conformidade co acordo plenario de data 22 de xuño de 2015 modificado polo de 26 de xaneiro de 2017 polo que se establece o réxime de sesións do pleno da corporación e resultando que cando non poida celebrarse pleno ordinario na data prefixada por tratarse de dia festivo, o pleno se celebrará o mesmo dia e á mesma hora unha semana despois resultanto que o vindeiro xoves 29 de marzo é xoves Santo.
En virtude do anterior e no exercicio das competencias que me confire a vixente lexislación sobre o réxime local, pola presente, resolvo:
PRIMEIRO.- Convocar sesión ordinaria do pleno municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día 27 de setembro de 2018 ás vinte horas, no salón de sesións da casa consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar sesión á mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.
SEGUNDO.- Fixar a orde do día que de seguido se indica:
ORDE DO DIA
A.-PARTE RESOLUTIVA
1.- Aprobación da acta da sesión plenaria extraordinaria celebrada o dia 2 de agosto de 2018, acta nº 5/2018.
2.- Aprobación da Conta Xeral do Orzamento do exercicio 2017, estados anuais e anexos ás mesmas. Expte 664/2018.
3.- Dación en conta do Informe de Secretaría Intervención correspondente ó exercicio 2017, previsto no artigo 218.1 del TRLRFL na redacción dada ó mesmo pola Lei 27/2013, de 27 de decembro. Expte 664/2018.
4.- Aprobación da Conta de Recadación en periodo voluntario, exercicio 2017. Expte 664/2018.
5.- Dación en conta das contas de recadación rendidas polo servizo provincial de recadación da deputación provincial de Lugo do exercicio 2016. Expte 664/2018.
6.- Proposición da alcaldía relativa á rectificación do inventario de bens municipais a 31 de decembro de 2017. Expte 1085/2018.
7.- Proposición da Alcadía relativa á modificación orzamentaria 0/2018 consistente en suplemento de crédito con aplicación do superávit orzamentario con cargo ao Remanente de Tesourería para gastos xerais resultante da Liquidación do orzamento do ano 2017 aprobada pola Alcaldía con data 19 de marzo de 2018. Expediente nº.1084/2018
8.- Proposición da Alcadía relativa á solicitude ao Ministerio de Fomento para a adopción de medidas que eviten suicidios dende as pontes sitas nas infraestructuras da súa titularidade. Expte 1086/2018.
9.- Adhesión ao convenio de colaboración suscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias. Expte 1043/2018.
B.- PARTE ADICADA O CONTROL.
10.- Asuntos de urxencia.
11.-Dar conta das resolucións da alcaldía.
12.-Rogos.
13.-Preguntas.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net