Fondo cabecera 11

Actualidad

Prende! Bota raíces no rural. Programa de Emprego da Deputación Provincial

Prende! Bota raíces no rural. Programa de Emprego da Deputación Provincial

FINALIDADE DO PROGRAMA 

A finalidade deste programa é a de contribuír a mellora da empregabilidade mediante a formación a través da Medida 8.2.3.1, ¿ GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL¿ consistindo na financiación dos custos directos de formación en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma de formación especifica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia.

DESTINATARIOS

Está dirixida aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:

  • Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude. Para o caso de cumprir os 30 anos en breve , poderá ser destinatario destas axudas sempre e cando inicie a súa participación no programa antes de que transcorran 4 meses dende o seu cumprimento, neste caso especifico poderá finalizar a participación no mesmo.
  • Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
  • E obriga indispensable que os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida estean empadroados durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios definidos no artigo 2 do Real Decreto 1234/2018, de 5 de outubro, e recollidos no Anexo I ¿ Listaxe Concellos desta convocatoria.
  • Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia

DOCUMENTACIÓN

Os mozos e mozas interesados en participar, deberán comunicar a súa vontade de adhesión (Modelo de Solicitude), segundo os modelos aprobados pola Excma. Deputación Provincial de Lugo manifestando expresamente que asume os deberes e compromisos previstos no programa mediante a súa sinatura xunto coa seguinte documentación:

Documentación xeral :

  • Solicitude de adhesión a Medida 8.2.3.1. ¿Genérate tu empleo en el rural¿ Prende!Bota Raíces no Rural asinada.
  • DNI ou NIE do solicitante e do representante de ser o caso
  • C.V actualizado.
  • Certificado de empadroamento a data da solicitude.
  • Xustificante de inscrición no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
  • Anexo II ¿ Declaración responsable do participante ao inicio da actuación asinado.
  • Anexo III - Autorización para actuar como representante a efectos da solicitude, de ser o caso.
  • Certificacións de estar o corrente das obrigas tributarias (Axencia Estatal e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo, só no caso de non autorizar a súa comprobación.
  • Certificado da conta bancaria onde conste como titular o solicitante.

Documentación específica

  • Certificado de discapacidade, vulnerabilidade, copia cotexada do libro de familia, ou certificado de empadroamento da unidade familiar de ser o caso, para acreditar a situación familiar.
  • Copia cotexada da titulación de maior rango.

FORMA E PRAZOS DE PRESENTACIÓN

Presentación Telemática. A través da sede electrónica.

As solicitudes de adhesión presentaranse preferentemente de maneira telemática na sede electrónica: http://sede.deputacionlugo.org.

O/a solicitante deberá identificarse a través dun certificado dixital dos recoñecidos na Lei 59/2003 de sinatura dixital. No caso de presentar a solicitude a través de representante deberase utilizar o certificado dixital da persoa que conste como tal na solicitude. O mesmo certificado utilizado para a identificación utilizarase para o proceso de presentación e sinatura dixital da solicitude.

Non se admitirá máis dunha solicitude por mozo ou moza, en caso de aconteza tal circunstancia a segunda instancia quedará invalida, na cal deberá establecer a orde de prelación nas actividades de formación nas que desexe participar, non sendo necesario elixilas todas, esta elección será atendo a gustos e preferencias baseadas nas características persoais de cada participante.
Presentación en papel.

Descargando a documentación adxunta, cumprimentándoa e presentándoa no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.

PRAZOS DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o seguinte a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións:

  • Inicio do prazo: 17/12/2019
  • Fin do prazo: 09/01/2020

Ampliación de prazo ata o 20/01/2012

DOCUMENTACIÓN NA WEB DA DEPUTACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:

http://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/prende/genera

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Ayuntamiento de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net