Fondo cabecera 11

Actualidade

BANDO DO 13/03/2020 SOBRE O CORONAVIRUS E MÁIS INFORMACIÓN

BANDO CORONAVIRUS IMAXEN

BANDO
D. MANUEL MARTÍNEZ NÚÑEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.

FAI SABER

A aparición do coronavirus COVID-19 no mes de decembro de 2019 creou un esceario mundial que require a adopción de medidas preventivas da súa propagación.
Neste contexto o Concello de Becerreá adopta tamén unha serie de medidas, en concreto medidas de distanciamento social, en consonancia cos acordos adoptados no día de onte tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno Central.
Por tanto, A PARTIRES DO DIA DE HOXE, 13 DE MARZO adóptanse as seguintes medidas:
1.- Peche do pavillón municipal e do campo de fútbol con suspensión de todas as actividades e eventos deportivos tanto as promovidas polo Concello como por outras asociacións ou entidades.
2.- Suspensión de todas as actividades do Centro Social incluído o transporte publico municipal a dito Centro.
3.- Suspensión de toda actividade da Escola Infantil Municipal.
4.- Suspensión do transporte escolar público municipal.
5.- Peche do Telecentro sito na Rúa Valgamarín e da Biblioteca Municipal sita no mesmo edificio, así como da Casa da Cultura con suspensión de todas as actividades tanto as promovidas polo Concello como por outras asociacións ou entidades.
6.- Suspensión de todas as actividades municipais (sociais, culturais, deportivas, etc).
7.- Suspensión da celebración da próxima Feira do dia 19 de marzo.
8.- A atención presencial nas oficiñas tanto do Concello como do Centro Social, limitarase aos casos de urxencia. Debe chamarse con anterioridade ao Concello 982 360 004 ou Centro Social 982 360 304/982 360 704 para verificar a citada necesidade e concertar cita previa.
Medias para a tramitación a distancia:
- na sede electrónica municipal: https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal
- no teléfono 982 360 004.
Todas estas medidas terán unha vixencia de 14 dias naturais sen prexuizo da súa prorroga e revisión unha vez transcorrido o prazo inicialmente previsto.
RECOMÉNDASE SEGUIR AS INSTRUCIÓNS DITADAS POLO MINISTERIO DE SANIDADE E A CONSELLERIA DE SANIDADE.
En particular:
- Lavar as mans con abundante auga e xabón con frecuencia.
- Cubrir a boca e o nariz co interior do cóbado ao toser ou esbirrar.
- Usa panos desechables e tiralos ao lixo.
- Evitar tocar os ollos, nariz ou boca, que é por onde pode entrar o coronavirus no noso organismo.
- Non viaxar se non é totalmente imprescindible.
TELÉFONOS DE INFORMACIÓN PARA CASOS LEVES: 900 400 116
TELÉFONOS DE INFORMACIÓN PARA CASOS GRAVES: 061
PRÉGASE A COLABORACIÓN DE TODOS PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS EVITANDO TODA SITUACIÓN DE RISCO E CUMPRINDO COAS INDICACIÓNS DO MINISTERIO DE SANIDADE.
O que se fai público para xeral coñecemento.
O Alcalde-Presidente, Don Manuel Martínez Núñez

MÁIS INFORMACIÓN:

COVID19_plan_emerxencia

COVID19_resume_plan_emerxencia

COVID19_medidas_saude_publica

COVID19_protocolocentrosservizossociais

COVID19_decreto_alarma_boe.

COVID19_resumo_real_decreto_estado_alarma

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net