Fondo cabecera 11

Actualidade

MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS A REQUEIXO E COUSÍN (BECERREÁ-LUGO), proxecto incluído dentro das SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021

logo.mellora.caminos_2020-2021

LOCALIZACIÓN DAS OBRAS:

O camiño de LU-P-0708 a Requeixo, tratase da vía principal pola que se accede a Requeixo. O tramo obxecto deste proxecto foi a lonxitude total do camiño. Ten unha lonxitude total de 1.720,00 metros, facendo unha superficie total de intervención de 6.043,00 metros, segundo o ancho dos distintos tramos e os sobreanchos en curvas e accesos.

O camiño de Acceso a Cousín, tratase da vía principal pola que se accede a Cousín. O tramo 1 obxecto deste proxecto é o que vai dende o núcleo do Cousín e exténdese polo camiño de acceso. Ten unha lonxitude total de intervención de 520,00 metros, facendo unha superficie total de intervención de 1.992,00 metros, segundo o ancho dos distintos tramos e os sobreanchos en curvas e accesos.

DESCRICION DAS OBRAS:

As obras consistiron na mellora dos accesos nos núcleos referidos. O alcance das obras foi a aplicación sobre a traza dos camiños dun pavimentado con base de aglomerado en quente tipo D-12 de 6 cm. De espesor, para garantir a estabilidade de camiños que teñen que soportar a circulación de vehiculos e de maquinaria agrícola pesada. Previo o asfaltado con aglomerado en quente limpouse as cunetas e barreuse o firme existente. Sen ampliacións nin modificacións nas trazas dos camiños, contémplouse o máximo aproveitamento posible da anchura da explanación existente.
Ademais da execución destas obras descritas, fixerónse as seguintes accións:
- Adecuación e restauración, no seu caso dos accesos á obra, e retirada dos residuos e medios utilizados na mesma.
- Levantado de rexillas ou tapas de sumidoiros.
- Os gastos que puideran derivar de uso de espazos para instalación auxiliares, acopios de material ou calquera necesidade da obra.
- A xestión dos residuos de construción e demolición que se xeneren na obra.
- As medidas a adoptar en aplicación do cumprimento das disposicións en materia de seguridade e saúde en todas as operacións que se leven a cabo, incluíndo a sinalización das zonas de obras.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net