Fondo cabecera 11

Actualidade

Exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía en Becerreá

Do 4 ao 17 de outubro de 2022 na Praza do Concello.


Exposición Rosalía de Castro

O 4 de outubro ábrese a exposición itinerante A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía, comisariada por Pepe Barro, que está Praza do Concello de Becerreá ata o 17 de outubro e logo seguirá a percorrer ducias de localidades de todo o país. Esta mostra exterior fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, convertiuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa.

Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos e innumerables asociacións de todo o país.

Co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Concello de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net