Fondo cabecera 11

Actualidad

Mellora da xestión de bioresiduos no Concello de Becerreá

Mellora da xestión de bioresiduos no Concello de Becerreá

Actuacións en materia debiorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeorelativo ao Mecanismo de Recuparación e Resiliencia da UR no marco do Plan deRecuperación Transformación e Resiliencia- Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU no Concello de Becerreá.

Os traballos realizados consitiron na compra das máquinasbiotrituradoras, bolsas e sacas compostables coas especificacións esixidas,ademais dos traballos presenciais requiridos (formación, información, difusióne seguimento do proxecto).

·  Subministrode material

O prego da licitación indicaba ascaracterísticas dos materias a subministrar. Cumprindo con ditascaracterísticas realzouse o subministro das seguintes máquinas biotrituradoras,bolsas e sacas:

Máquinas biotrituradoras:

Estas máquinas estánespecializadas na trituración mecánica de material orgánico biodegradable parafacilitar o posterior proceso de compostaxe de restos de podas, para a súautilización como estruturante. Subministráronse 2 biotrituradoras de diferentesmodelos, debido a súa capacidade:

- BC90 Big Cingo Motor Honda GX390

Biotrituradora autopropulsada consistema de tracción tipo eiruga, sobre carretilla. Motor Honda GX390.Dimensións de triturado 2-3 cm.

- CeccatoTritone Maxi

Biotrituradora móbil a rodas (senautopropulsión). Motor Honda GX390. Dimensións de triturado 2-3 cm.

Bolsas:

Para a acumulación e recollida domaterial biodegradable doméstico dos veciños de Becerreá subministráronsebolsas biodegradables. En total entregáronse 300 rolos de 25 unidades de bolsasbiodegradables que cumpren a normativa UNE-EN 13432 de biodegradación deenvases serigrafiadas coa identificación de bolsa compostable.

Sacas:

Para a recollida separada derestos vexetais subministráronse 300 sacas reutilizables de 500 litros decapacidade, de texido de rafia de polipropileno cun mínimo de 150 g / m² erepelente o auga. Tódalas sacas dispoñen do distintivo para o uso.

· Traballospresenciais

Realizáronse traballospresenciais de formación, información, difusión e seguimento no ámbito decompostaxe. Para isto repartíronse as bolsas de compostaxe xunto cun trípticoque explica e fomenta a auto-compostaxe. O reparto tivo lugar en diferentesdatas e lugares do Concello de Becerreá; tanto en pequenos establecementoscomerciais (cafeterías, barberías, pequenos comercios...) e nalguns domiciliose casas particulares dos veciños. Ademais tamén se instalou un estand nasfeiras que organiza o Concello 2 veces ao mes (os días 3 e 19) onde tamén sefixeron os traballos de fomento da auto-compostaxe repartindo as bolsas, sacas eos trípticos. Repartíronse os 300 rolos de bolsas (25 unidades cada unha), 300sacas e 300 trípticos (150 en galego e 150 en castelán).

Nestas actuacións colléronse osdatos dos veciños para realizar visitas e chamadas telefónicas para observar aadecuación, a utilización do material e a información transmitida.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Becerreá
Ayuntamiento de Becerreá
Plaza do Concello s/n 27640 Becerreá - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 360 004 | Fax: 982 360 518
E-mail: concellodebecerrea@telefonica.net